O martes, 1 de outubro, os alumnos e profesores que participamos no club de lectura 2012/2013 fixemos un roteiro literario por Celanova e Vilanova dos Infantes. Esta viaxe estaba programada para o terceiro trimestre do curso anterior pero, debido a problemas xurdidos a última hora, non se puido facer e tivemos que pospoñela.
No noso percorrido por Celanova acompañounos Paula, a excelente guía da Fundación Curros Enríquez. Instruínos sobre a traxectoria biográfica de Curros Enríquez, facendo ficanpé na relación que mantivo o poeta coa cidade da Coruña (homenaxe, Academia Galega e enterro). No mosteiro ofreceunos unha auténtica lección de historia da arte sobre os distintos compartimentos de este singular edificio histórico e lugar simbólico da cultura galega.
E, por suposto, visitamos a fermosa Biblioteca do instituto que espertou a admiración de profesores e alumnos.
Rematamos esta xornada outonal en Ourense cun pequeno paseo a beira do Miño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario