Os dez relatos que conforman o último libro narrativo de Méndez Ferrín, publicado en 1991, están ambientados na Raia, un territorio fronteirizo entre Galicia e Portugal. Este espazo é o principal elemento unificador dos contos, pois transcorren entre o século X ("Adosinda horrorizada") e a Posguerra ("O militante fantasía").
En Arraianos aparecen certas constantes narrativas do escritor ourensán: fantasía, denuncia da violencia fascista, xogo intertextual con clásicos da literatura universal e coa súa propia obra anterior...
Un elemento moi orixinal de Arraianos é a posta en cuestión da fronteira política, que separa comunidades dun pasado cultural e histórico común. Este volume iniciou a serie de obras narrativas galegas sobre o Couto Mixto.
Neste vídeo-presentación podedes ver e escoitar ao escritor no convento da vila de Celanova, importante centro simbólico da alta Idade Media galega:
No hay comentarios:
Publicar un comentario