O título orixinal desta novela de Antonio Skármeta é Ardiente paciencia (1985) e foi o propio autor quen a levara ao cine baixo o mesmo título no ano 1983. A novela sitúanos no Chile dos anos 70, cando Salvador Allende gana as eleccións. Esta época queda ben reflectida nas conversas que manteñen o carteiro e o poeta. Posteriormente, por razóns comerciais, pasou a chamarse El cartero de Neruda, debido ao éxito que acadou a película Il postino, dirixida por Michael Radford en 1994. Na película a acción traládase á illa Salina en Italia.
Velaquí unha fermosa escena da pelicula na que Mario Ruoppolo(o carteiro) descobre o que é unha metáfora.
Esta obra tivo un éxito
enorme, foi traducida a unha trintena de linguas, adaptada tamén ao teatro e á radio: "Existen más de cien versiones en el mundo", asegura
Skármeta. O compositor mexicano Daniel Catán compuxo unha ópera baseada nela, que foi estreada na Ópera de Los Ángeles co título de Il Postino con Plácido Domingo
como Pablo Neruda e Cristina Gallardo- Domas como Matide.
http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/skarmeta/
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=2268
No hay comentarios:
Publicar un comentario