No club de lectura de 3º de ESO imos ler a novela máis famosa de Aldous Huxley. Foi publicada en 1932 e converteuse nun clásico da literatura. Interpretada en ocasións como unha precoz advertencia dos totalitarismos que asolarían Europa, aparecen tamén nela acertadas consideracións sobre a biotecnoloxía, a enxeñería xenética ou a manipulación propagandística.
Podedes ver a Aldous Huxley nesta entrevista que lle fan no ano 1958:
http://mural.uv.es/racua/
Un mundo feliz ten certos paralelismos con 1984 de Orwell. Porén, hai algunhas diferenzas no tocante as súas profecías. Así o analiza no libro Divirtiéndonos hasta morir Neil Postman, sociólogo e crítico cultural estadounidense, que criticou a influencia que exercen os medios de comunicación na sociedade contemporánea. Este video baséase na obra de Postman:
No hay comentarios:
Publicar un comentario