miércoles, 26 de octubre de 2011

La perla

O seu autor
John Steinbeck naceu en Salinas, California, no ano 1902. Estudou na Universidade de Stanford, pero desde moi cedo tivo que traballar duramente como albanel, xornaleiro rural, agrimensor ou empregado de tenda. En 1930 casou con Carl Henning e trasladouse a Pacific Grove onde coñeceu a Edward Ricketts, un biólogo marino, con quen tivo unha gran amizade. Durante esta década describiu a pobreza que acompañou a Depresión económica e tivo o seu primeiro recoñecemento crítico coa novela Tortilla Flat, en 1935.
Posteriormente saíron á luz as súas novelas máis coñecidas: De ratones y hombres (1937),Las uvas de la ira (1939) e Al este del Edén (1952), as tres levadas ao cine.
Las uvas de la ira, considerada a súa mellor novela, xurdiu dos artigos periodísticos que Steinbeck escribira sobre as novas
ondeadas de traballadores que chegaban a California, e desatou polémicas encendidas no plano político e na crítica, xa que foi acusado de socialista e perturbador. Nesta novela nárrase a migración de familias de Texas e Oklahoma que fuxían da sequía e da miseria, en busca da californiana Terra Prometida.
A prosa de Steinbeck ten un forte compoñente alegórico e espiritual e susténtase na piedade e interese do escritor polos máis desfavorecidos.
En 1962 obtivo o premio Nobel de Literatura. Seis anos despois, en decembro de 1968, faleceu no seu domicilio de Nova York.


La perla

En 1940, Steinbeck e o seu amigo Ricketts emprenderon unha viaxe en barco polo golfo de California ata chegar a La Paz. Enclavada nunha fermosa bahía, esta antiga cidade era o orgullo dos nativos. Ao tratarse dun dos centros máis importantes na produción de perlas, La Paz non sempre fixo honor ao seu nome, pois a posibilidade de enriquecerse desperta a avaricia dos homes e failles esquecer o sentido da xustiza e da solidariedade. Ao pouco de chegar a La Paz, Steinbeck oiu contar unha historia que, segundo dicían, sucedera poucos anos antes. Nesta lenda sobre o achádego dunha perla dun tamaño incrible baséase La perla. Así pois, a novela ten o seu xerme nunha realidade que lle serve de sustento: un medio físico real, uns personaxes existentes e un contexto de inxustiza secular.
Publicada por primeira vez nunha revista, La perla apareceu en formato de libro no ano 1947, coincidindo co ano da estrea da súa versión cinematográfica.




lunes, 17 de octubre de 2011

A lectura xúntanos de novo


Grupos de 3º e 4º de ESO

O xoves, 20 de outubro, reunímonos na biblioteca (1º recreo) para a primeira toma de contacto. Non vos esquezades!

Grupos de 2º de ESO

A xuntanza será o martes, 25 de outubro, no segundo recreo.

Boas lecturas para todo o curso!