O martes, 20 de outubro, alumnos e profesores do club de lectura 2014-2015, fixemos un rota por terras arousás.
A primeira parada foi en Rianxo. Alí visitamos a casa-museo de Manuel Antonio, acompañados por unha guía que nos aportou moita información sobre o escritor e a súa relación con outros persoeiros da zona; a continuación, fixo connosco un percorrido por esta vila que proporcionou tantas figuras sobranceiras a nosa cultura.
Pola tarde, achegámonos a Vilanova de Arousa onde visitamos a casa- museo de Valle-Inclán.
Unha xornada de convivencia, na que nos acompañou un resplandecente sol outonal.
Os lectores do club de 4º de ESO atoparedes neste blog, creado polo propio autor, boa parte da documentación que empregou no proceso da escrita do libro e información adicional moi interesante, que aparece organizada nun índice de trinta entradas para que poidades consultar os enlaces que máis vos interesen.
Con este cómic, Paco Roca, acadou un sorprendente éxito de crítica e público. Ademais de recibir outros premios, gañou con esta obra o Premio Nacional de Cómic 2008.
"Me planteé hacer esta historia por mis padres. Quería hablar sobre la
vejez de las personas. Este es un tema demasiado amplio así que me
centré en las residencias de ancianos. Al tratar este tema era imposible
no hacerlo también sobre el alzheimer. Emilio, el protagonista, está
inspirado en el padre de mi buen amigo MacDiego", di o autor.
No ano 2011 estreouse a adaptación cinematográfica de Arrugas, dirixida por Ignacio Ferreras e producida por Perro Verde Films. Paco Roca colaborou na redacción do guión e realizou o deseño dos personaxes. Nos premios Goya do ano 2012 recibiu dous galardóns, a mellor película de animación e ao mellor guión adaptado.
As crónicas do
sochantre, a segunda novela en galego de Álvaro Cunqueiro, apareceu
publicada na Editorial Galaxia en 1956. A versión castelá que lle fixo o seu
amigo Francisco Fernández del Riego en 1959 mereceu o Premio da crítica. Como o
propio Cunqueiro advirte no “Prólogo para bretones” da versión castelá,
elaborou esa novela sen sequera viaxar a Bretaña: “y todo lo que aquí, en estas
Crónicas se cuenta de ella, está
tomando de mapas, de libros de viajes, de lecturas de Chateaubriand y de Le
Goffic, de algunas historias de ciudades y de cartas ejecutorias de las nobles
familias”. Cunqueiro non visitou Bretaña ata maio de 1964, cando foi contratar
un grupo de cornamusas para as festas de agosto en Vigo e deixounos4 espléndidos artigos desa viaxe literaria en
Faro de Vigo.
A elección da Bretaña como espazo narrativo por Cunqueiro
non foi allea ao celtismo profesado
por tantos intelectuais galegos. Hai que poñela en relación, logo, con As cruces de pedra na Bretaña (1930) de
Castelao,varios contos de El pálido visitante (1960) de X-Mª Castroviejo ou Bretaña, Esmeraldina (1987)
de X. L. Méndez Ferrín no desenvolvemento dunha nova materiade Bretaña.
En As crónicas do
sochantre, Cunqueiro mantén algúns dos trazos característicos do seu
universo narrativo (humor, fantasía), aínda que non parta nesta ocasión dun
xogo intertextual cun mito literario concreto, como en Merlín e familia, Si o vello
Sinbad volvese ás illas, Un hombre
que se parecía a Orestes, Las
mocedades de Ulises… Rexeita a tradición da novela realista decimonónica e
adopta procedementos estruturais da novela primitiva como a viaxe o simposio: “pois temos por costume pasar estas noites que andamos en
hoste contando as nosas hisitorias.” A ambientación das aventuras do sochantre
Charles Anne Guenolè Mathieu de Crozon en plena Revolución Francesa, “dende o
ano mil setecentos noventa e tres a mil setecentos noventa e sete”, dálle pé ao
autor a incorporar accións dos chouans contrarrevolucionarios,
a guillotina… no tour por terras
bretoas nunha carroza con seis defuntos. De regreso na súa casa de Pontivy, o
sochantre parece asumir con humor a nova identidade republicana do personaxe
que fixera de dobre del, pois “asubiaba a Camañola afeitándose”.
Deixámosvos este video realizado polo GRIAL (Grupo de Intervención Audiovisual e Literaria) da
Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo:
Con esta obra Marjane Satrapi recibiu o premio ao mellor Álbum no festival de Angoulême en 2005.
A acción transcorre en 1958 en pleno reinado do Sha de Persia pero con frecuentes saltos temporais tanto cara o pasado como ao futuro.
Para complementar a lectura de El coleccionista de relojes extraordinarios de Laura Gallego, os alumnos do club de lectura de 2º de ESO visitaron co seu coordinador, Ángel González, o Museo dos Reloxos do Palacio Municipal.
Acompañounos unha guía do Concello que lles amosou tamén as distintas salas do edificio e ofreceulles unha información detallada delas.