sábado, 9 de julio de 2022

Intercambio de cartas con alumnos do IES Gabriel Miró de Orihuela

No 80 aniversario da morte de Miguel Hernández, a biblioteca municipal do Castrillón organizou unha actividade de acercamento á poesía deste autor. Unha das actividades propostas foi un intercambio de cartas con alumnos do IES Gabriel Miró de Orihuela. Achegamos dúas mostras da participación de alumnas do club de lectura de 4º: unha ilustración para un poema do autor homenaxeado e unha composición orixinal.
                      
                       "Niños espectadores"
         Ciudades, personas y recuerdos destruidos 
         cuando las piedras caen. 
         Piedras negras, macizas y esféricas 
         Piedras a las que no les importan sus acciones 
         Piedras sin expresiones ni sentimientos 
         Piedras siguiendo órdenes 
         Se escuchan a lo lejos fuegos artificiales 
         ¿Por qué todos están corriendo?"

miércoles, 6 de julio de 2022

Premiados nos concursos dos Roteiros literarios


Laura, de 2ºde ESO, gañadora do concurso do Roteiro literario de Coruña



Anxo, Enrique, Pablo e Nicolás, de 3º de ESO, gañadores do concurso do 
Roteiro literario de Ourense


 

lunes, 4 de julio de 2022

Escaleta adaptación A rateira para Radio Monelos

 

Alumnos de 1ºde ESO presentan Miña querida Sherezade de Andrea Maceiras ante os seus compañeiros

 


        


           Esta actividade foi proposta polos propios componentes dun dos clubs de 1º de ESO, que lles  deron a coñecer a novela Miña querida Sherezade de Andrea Maceiras aos seus compañeiros. A experiencia foi positiva posto que motivou que alumnos non pertencentes ao club se animasen a ler este libro.

             A grabación foi realizada por un dos compañeiros. Achegamos como mostra os vídeos de presentación  e remate. 

 

 

 

 

 

 

 

 



domingo, 12 de diciembre de 2021

Roteiro literario pola Coruña e visita á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán (sede da RAG)

 
        O pasado 1 de decembro o alumnado que participa no club de lectura acompañado de dúas docentes realizaron un roteiro literario pola cidade d´A Coruña.  
        Iniciouse o roteiro na RAG, alí os alumnos e alumnas visitaron as estancias que no seu momento pertenceron á familia Pardo Bazán e que hoxe en día atesoura unha parte do legado da coñecida e insigne escritora, Emilia Pardo Bazán. 
         Para a súa sorpresa, a dos alumnos, guiounos nesta visita unha profesora británica que está realizando a súa tese sobre mulleres literatas. O obradoiro en que participou o alumnado centrouse na figura de Emilia Pardo Bazán, mais tamén en Virginia Woolf. O alumnado descubriu as diferenzas e similitudes da sociedade en que vivían ambas escritoras así como a interpretación que desta sociedade facía cada unha delas, coñeceron tamén os temas tratados nas súas obra, etc.. A experiencia foi moi interesante e enriquecedora.  
        Ademais, foi esta unha actividade trilingüe, o castelán e o inglés foron as linguas empregadas pola guía para realizar o obradoiro, linguas tamén empregadas polas autoras nas súas obras; foi o galego a lingua en que varios dos participantes realizaron as súas actividades. 
        Ao rematar a visita á Casa Museo/ Real Academia Galega, o roteiro recalou no Xardín de San Carlos para seguir camiño cara á Casa de Rosalía de Castro, edificio do século XVIII onde Rosalía de Castro e M. Murguía residiron un ano. Descubrimos tamén que ao carón da Casa de Rosalía se ubica a finca na que viviu Francisca Herrera, primeira muller académica da RAG. 
        Continuamos polo Paseo Marítimo cara á escultura de Isabel Zendal, coñecida por todo o alumnado que leu Os nenos da variola de María Solar. No Paseo Marítimo tamén se comentou un acontecemento que aparece no libro de Manuel Rivas Os libros arden mal, nel recréase un episodio ocorrido na Dársena coruñesa no ano 1936, a queima de libros. 
        O roteiro continuou camiño cara ao monumento sufragado polo pobo coruñés para homenaxear ao poeta Manuel Curros Enríquez e deseñado polo escultor Asorey. Ao pé do monumento uns alumnos leron unhas estrofas da composición titulada  “Ao pobo cruñés” lida por Curros no Teatro Rosalía de Castro (daquela Teatro Principal) na homenaxe recibida no ano 1904.