miércoles, 30 de mayo de 2012

Lembrando a Rosalía


 
    Onte, martes 29 de maio, alumnos e profesores integrantes do Club de Lectura fixemos o roteiro de Rosalía de Castro. O seus poemas acompañáronnos no noso percorrido por Santiago e Padrón.


    Para elaborar os materiais que levamos (guieiro e escolma poética) contamos coa inestimable colaboración do noso compañeiro de Lingua e Literatura Galega, Antón Capelán, que nos proporcionou unha exhaustiva información sobre a poeta. 


    Rematamos a xornada de convivencia nunha praia do Barbanza onde algúns alumnos disfrutaron do seu primeiro mergullo do verán.

lunes, 14 de mayo de 2012

Contos solidarios

O venres,11 de maio, Anxo Moure estivo nosa Biblioteca despertándonos a imaxinación cos seus contos solidarios. Viaxamos, rimos, choramos, abrazamos árbores, vimos a Salgadiña, a estrela de Fisterra encargada de parar as guerras...
Os alumnos integrantes do club de lectura  fixéronlle entrega do diñeiro recadado coa venda dos "corazóns" que confeccionaran na semana do S.Valentín. Esperamos que con esta pequena contribución a súa ONG poida facerlles chegar bicicletas aos que máis as necesitan.

Anxo  agasallounos co seu libro O carballo con botas e dedicoullo a todos os mozos e mozas de Monelos. Moitas grazas e que agromen moitos máis carballos con botas!