GUÍA DO ROTEIRO EN PDF
O día 6 de febreiro un grupo de alumnas do club lectura de 1º ESO guiadas por alumnas de 3º realizaron un percorrrido polos espazos que aparecen na novela gráfica A tumba de Breogán.
Iniciamos o roteiro na Torre de Hércules. O seguinte lugar que visitamos foi a Colexiata, despois fixemos unha parada na rúa Príncipe perante a casa que habitaron Rosalía e Manuel Murguía, tamén recordamos a figura da escritora coruñesa Francisca Herrera Garrido. Por suposto, detivémonos na casa de Emilia Pardo Bazán, actual sede da RAG.
Antes de deixar a cidade vella, visitamos a igrexa de Santiago aínda que non aparece na novela. A Praza de María Pita foi o penúltimo punto. Rematamos o roteiro ante o grupo escultórico de Francisco Asorey que homenaxea a Manuel Curros Enríquez.
En todas as paradas deste percorrido recreamos escenas ambientadas nos lugares visitados.