lunes, 13 de octubre de 2014

Arraianos

Os dez relatos que conforman o último libro narrativo de Méndez Ferrín, publicado en 1991, están ambientados na Raia, un territorio fronteirizo entre Galicia e Portugal. Este espazo é o principal elemento unificador dos contos, pois transcorren entre o século X ("Adosinda horrorizada") e a Posguerra ("O militante fantasía").
En Arraianos aparecen certas constantes narrativas do escritor ourensán: fantasía, denuncia da violencia fascista, xogo intertextual con clásicos da literatura universal e coa súa propia obra anterior...
Un elemento moi orixinal de Arraianos é a posta en cuestión da fronteira política, que separa comunidades dun pasado cultural e histórico común. Este volume iniciou a serie de obras narrativas galegas sobre o Couto Mixto.

Neste vídeo-presentación podedes ver e escoitar ao escritor no convento da vila de Celanova, importante centro simbólico da alta Idade Media galega:


Bajo la misma estrella

No club de 3º de ESO imos ler esta novela que, desde o momento da súa publicación no ano 2012, recibiu un aluvión de eloxiosas e unánimes críticas, recoñecemento literario que se viu acompañado de numerosos premios e distincións.
O se autor, John Green, dixo que o título do libro está inspirado nunha frase da obra Xulio César de Shakeaspeare, cando Casio lle di a Bruto "Se estamos sometidos, querido Bruto, a culpa  non está na nosa estrela senón en nós mesmos."
 Bajo la misma estrella é o último gran fenómeno literario a escala mundial. É o número un nunha longa lista de países como México, Brasil, Alemaña, e Estados Unidos, país este último onde permaneceu na lista dos máis vendidos de The New York Times durante 65 semanas consecutivas
Podedes ver o trailer da película baseada nesta novela que se estreou o 6 de xullo de 2014 en Estados Unidos:











Nova andaina do noso club

Ao longo destas dúas semanas  puxemos en marcha o noso quinto club de lectura. Os grupos de 1º de Bacharelato e 1º e 2º de ESO xa están lendo os seus respectivos libros. Esta semana entregaranse os libros aos grupos de 3º e 4º de ESO.
Como en cursos anteriores, engadiremos información relativa ás novas lecturas e contamos coa vosa colaboración no blog.
Que teñamos un curso cheo de boas lecturas!