jueves, 17 de octubre de 2013

As lágrimas de Shiva



Esta é a novela coa que imos comezar o club de lectura de  de 1º de ESO. Con ela César Mallorquí obtivo o Premio Edebé de literatura xuvenil no ano 2002. Este mesmo galardón foille concedido noutras tres ocasións, a última no ano 2012 con La isla de Bowen, libro co que acaba de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013.

Podedes ver distintos vídeos relacionados con temas tratados na obra no seguinte enlace:
http://lclcarmen1.wordpress.com/2013/01/12/las-lagrimas-de-shiva/

E, se vos gusta escribir, prestade atención aos magnícos consellos que vos dá César Mallorquí:




miércoles, 9 de octubre de 2013

Primeira reunión



O venres, día 11, faremos a  primeira xuntanza deste novo curso.

Primeiro recreo: grupos de1º e 2º de ESO
Segundo recreo: grupos de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Boas lecturas para todos!

jueves, 3 de octubre de 2013

Por terras de Celanova



O martes, 1 de outubro, os alumnos e profesores que participamos no club de lectura 2012/2013 fixemos un roteiro literario por Celanova e Vilanova dos Infantes. Esta viaxe estaba programada para o terceiro trimestre do curso anterior pero, debido a problemas xurdidos a última hora, non se puido facer e tivemos que pospoñela.

No noso percorrido por Celanova acompañounos Paula, a excelente guía da Fundación Curros Enríquez. Instruínos sobre a traxectoria biográfica de Curros Enríquez, facendo ficanpé na relación que mantivo o poeta coa cidade da Coruña (homenaxe, Academia Galega e enterro). No mosteiro ofreceunos unha auténtica lección de historia da arte sobre os distintos compartimentos de este singular edificio histórico e lugar simbólico da cultura galega.

E, por suposto, visitamos a fermosa Biblioteca do instituto que espertou a admiración de profesores e alumnos.




Rematamos esta xornada outonal en Ourense cun pequeno paseo a beira do Miño.