Tres mozos exploran unha casa abandonada e atopan varios enigmas: unha planta que capta palabras e sentimentos, unha voz que xoga ao xadrez por teléfono, un estraño escaravello... Claves dunha apaixonante novela que te atrapará desde as primeiras páxinas.
A acción desenvólvese nun pequeno pobo de Suecia, chamado Ringaryd.
A autora do libro, María Gripe, é unha coñecida escritora sueca, galardoada con varios premios literarios, entre os que destaca o premio Andersen, que obtivo en 1974, considerado como o Nobel da literatura infantil. Podedes atopar máis información sobre a escritora neste enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Gripe
No hay comentarios:
Publicar un comentario