jueves, 4 de abril de 2013

A neta do señor Linh


Tras o éxito de Almas grises, co que recibiu o prestixioso premio Renaudot, Philippe Claudel volveu a causar un gran impacto con esta emotiva fábula sobre o exilio e a soidade, sobre como preservar a identidade. Esta novela foi recibida con entusiasmo en Francia e permaneceu na lista de libros máis vendidos desde a súa aparición.Foi eloxiada unanimemente polo público e a crítica, da que recollemos estes comentarios:

"Unha fábula chea de tristura e silencio  para ler mil veces" (Le Figaro)
"Claudel asombra cun relato breve e ardente, con ascuas que non se apagan cando se pecha o libro" (Le Monde)
"El redescubrimiento del mundo contado con sencillez y emoción (...) una bella fábula que agradará a un amplio público" (José María Guelbenzu, Babelia)
 
Escribiu posteriormente O informe de Brodeck co que acadou o premio Goncourt des Lyceens 2007 e acaba de saír a luz a súa última novela, Aromas (Parfums),  unha coleción de textos breves,  momentos rescatados da súa memoria polo poder evocativo dos aromas que os acompañaron.
Philippe Claudel (Nancy, 1962) foi profesor en varios liceos e na Universidade de Nancy pero dedicou o seu tempo libre a ensinar a nenos descapacitados e a presos. Traballa, ademais, como guionista e director de cine.

No hay comentarios:

Publicar un comentario