Antonte, co club de lectura do noso instituto, realizamos un roteiro literario pola Ría de Arousa.
Comezamos a nosa visita en Rianxo, unha bonita vila costeira e lugar onde Manuel Antonio, un dos poetas galegos máis importantes da literatura vangardista galega, pasou gran parte da súa vida. Alí visitamos a súa casa natal para coñecer un pouco máis sobre a súa orixe, e como chegou a convertirse no personaxe que coñecemos. Tamén demos un pequeno paseo pola vila, e descubrimos diversas curiosidades desta localidade.
Ao xantar, para desconectar un pouco da parte literaria, desprazámonos ata a praia de Cabío, unha praia moi tranquila onde puidemos desfrutar do bo tempo que nos acompañou durante toda a excursión.
Para rematar a saída, achegámonos á Pobra do Caramiñal. Alí visitamos a casa museo do célebre escritor e dramaturgo Valle-Inclán.
Tratouse dunha actividade moi enriquecedora grazas á que puidemos coñecer a grandes figuras da nosa literatura dun xeito diferente, máis cercano.
Estamos desexando saber cal é a do ano que vén!
(Cristina P., 1º Bac.A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario