O alumnado de 1º ESO que leu no terceiro trimestre Conta nove estrelas e os integrantes do club de lectura, tamén de 1º ESO, que realizaron a lectura de Miña querida Sherezade, tiveron a sorte de compartir con Andrea Maceiras impresións sobre ambos libros.
Iniciouse a visita de Andrea Maceiras cunha breve presentación que realizaron dous alumnos de 1ºESO B: Xiana López Fuentes e Iago Martínez Gil. Achegáronnos cuestións relacionadas coa biografía da autora e a súa obra, que non deixa de ser xa extensa para a súa xuventude.
Axiña, foi a autora, que nos visitou o día 16 de maio, a que tomou a palabra e compartiu con nós unha presentación na que foi explicando o proceso creativo e as vivencias familiares que a levaron a escribir ambas historias. Cóntanos, a autora, que todo este mundo creativo comezou cando era nena e lle contaba contos a súa irmá.
Amósanos, Andrea, fotos do seu gato, inspiración dos Bobós, protagonistas indiscutibles de Conta nove estrellas.
Respecto a Miña querida Sherezade, a autora tamén compartiu con nós fotos nas que vemos o libro de Calleja que “vivía” e segue a facelo na casa da súa avoa ou os estudos que a autora realizou sobre a roupa empregada nas distintas épocas en que vive o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario