jueves, 4 de julio de 2024

A tumba de Breogán: roteiro literario

GUÍA DO ROTEIRO EN PDF

O día 6 de febreiro un grupo de alumnas do club lectura de 1º ESO guiadas por alumnas de 3º realizaron un percorrrido polos espazos que aparecen na novela gráfica A tumba de Breogán

Iniciamos o roteiro na Torre de Hércules. O seguinte lugar que visitamos foi a Colexiata, despois fixemos unha parada na rúa Príncipe perante a casa que habitaron Rosalía e Manuel Murguía, tamén recordamos a figura da escritora coruñesa Francisca Herrera Garrido. Por suposto, detivémonos na casa de Emilia Pardo Bazán, actual sede da RAG. 

Antes de deixar a cidade vella, visitamos a igrexa de Santiago aínda que non aparece na novela. A Praza de María Pita foi o penúltimo punto. Rematamos o roteiro  ante o grupo escultórico de Francisco Asorey que homenaxea a Manuel Curros Enríquez. En todas as paradas deste percorrido recreamos escenas ambientadas nos lugares visitados.

miércoles, 3 de julio de 2024

Andrea Maceiras visítanos de novo

Este curso recuncamos e recibimos outra vez a visita de Andrea Maceiras. A autora falounos das súas obras: Conta nove estrelas e Miña querida Sherezade.

O alumnado de 1º ESO que leu no terceiro trimestre Conta nove estrelas e os integrantes do club de lectura, tamén de 1º ESO, que realizaron a lectura de Miña querida Sherezade, tiveron a sorte de compartir con Andrea Maceiras impresións sobre ambos libros.

 Iniciouse a visita de Andrea Maceiras cunha breve presentación que realizaron dous alumnos de 1ºESO B: Xiana López Fuentes e Iago Martínez Gil. Achegáronnos cuestións relacionadas coa biografía da autora e a súa obra, que non deixa de ser xa extensa para a súa xuventude. 

 Axiña, foi a autora, que nos visitou o día 16 de maio, a que tomou a palabra e compartiu con nós unha presentación na que foi explicando o proceso creativo e as vivencias familiares que a levaron a escribir ambas historias. Cóntanos, a autora, que todo este mundo creativo comezou cando era nena e lle contaba contos a súa irmá. Amósanos, Andrea, fotos do seu gato, inspiración dos Bobós, protagonistas indiscutibles de Conta nove estrellas

Respecto a Miña querida Sherezade, a autora tamén compartiu con nós fotos nas que vemos o libro de Calleja que “vivía” e segue a facelo na casa da súa avoa ou os estudos que a autora realizou sobre a roupa empregada nas distintas épocas en que vive o libro. 

O alumnado realizoulle a Andrea un sinfín de preguntas e, xa no remate, asinou os exemplares dos libros. Marcharon todas e todos contentos cos debuxos e as dedicatorias. Grazas, Andrea, desfrutamos moito coa túa visita!

Roteiro literario pola ría de Arousa (18-xuño-2024)

 


 Antonte, co club de lectura do noso instituto, realizamos un roteiro literario pola Ría de Arousa.

 Comezamos a nosa visita en Rianxo, unha bonita vila costeira e lugar onde Manuel Antonio, un dos poetas galegos máis importantes da literatura vangardista galega, pasou gran parte da súa vida. Alí visitamos a súa casa natal para coñecer un pouco máis sobre a súa orixe, e como chegou a convertirse no personaxe que coñecemos. Tamén demos un pequeno paseo pola vila, e descubrimos diversas curiosidades desta localidade. 

 Ao xantar, para desconectar un pouco da parte literaria, desprazámonos ata a praia de Cabío, unha praia moi tranquila onde puidemos desfrutar do bo tempo que nos acompañou durante toda a excursión.

 Para rematar a saída, achegámonos á Pobra do Caramiñal. Alí visitamos a casa museo do célebre escritor e dramaturgo Valle-Inclán. 

 Tratouse dunha actividade moi enriquecedora grazas á que puidemos coñecer a grandes figuras da nosa literatura dun xeito diferente, máis cercano.

 Estamos desexando saber cal é a do ano que vén! 

 (Cristina P., 1º Bac.A)

domingo, 10 de marzo de 2024

Obradoiro de ilustración impartido por Nanda Cabaleiro

 O pasado 22 de xaneiro visitounos Nanda Cabaleiro, profesora e ilustradora, para impartir un curso de debuxo de herbas.

Deunos a coñecer a obra na que participou cos seus debuxos en colaboración con Rosalía Bermúdez Santos,  7 herbas máxicas . Explicou o proceso que segue nas súas creacións e deulles consellos aos alumnos e alumnas participantes.

Rematada a xornada, os participantes mostran os seus debuxos 

Roteiro Ribadavia-Celanova

 

sábado, 1 de julio de 2023

Visita á Torre de Hércules

 

                     O alumnado de 2º de ESO realizou a visita guiada, que ofrece o Concello para estudantes da nosa cidade.

                     Serviunos para preparar a lectura de A tumba de Breogán.  Quedou en proxecto para o próximo curso a realización dun roteiro literario polos distintos espazos nos que transcorre esta novela gráfica.



 

Roteiro O camiño real

                 Estudantes do club de lectura de 1º de ESO realizaron este roteiro pola nosa cidade. Recollemos algúns comentarios do alumnado participante:             

                 El jueves pasado fuimos de excursión al centro de A Coruña con el club de lectura del instituto.

                 Nos fuimos a segunda hora, cogimos el bus y nos dejó al lado de la plaza de María Pita. Teníamos de guía a una chica que se llamaba Patricia, que nos llevó al teatro Rosalía de Castro. Cuando entramos, era como si retrocediésemos al s.XIX. El techo estaba lleno de retratos de personajes relacionados con la escritura, la música y el teatro, con sus respectivos nombres; los palcos tenían nombres grabados y las butacas eran de terciopelo granate.

                 Cuando salimos, fuimos a la calle Real y nos comentó muchas curiosidades sobre ese lugar y al final fuimos a la plaza de María Pita y nos enseñó a ubicar el ayuntamiento en el mapa que está esculpido en uno de los laterales de la estatua de María Pita.

                  También nos contó que el ayuntamiento tenía grabadas las iniciales de su arquitecto.

                  Al final, llegamos a cuarta hora y nos dejaron ir a la cafetería.

                  Me gustó mucho esta excursión.

                             (Elena Álvarez-Azurmendi, 1º ESO B) 

 

 

                O outro día fomos de excursión ao centro da Coruña os do club de lectura. Primeiro fomos ao Teatro Rosalía de Castro e alí a nosa guía contounos uns datos sobre como era o edificio antes e explicounos detalladamente cada parte do teatro . Máis tarde saímosá rúa e falounos sobre a Rúa Real e a Rúa Rego de Auga. Ensinounos o edificio máis antigo da Rúa Real por fóra. Despois fomos á Praza de María Pita e contounos un pouco da historia dela e do edificio que a preside, a Casa do Concello. Por último falounos sobre unha igrexa que hai alí cerca.

                             (Inés Insua Puente, 1º ESO B) 

 

 

                    Gustoume moito a excursión á cidade vella. Aprendín cousas, que, coñecendo a zona dende hai anos, non sabía. Alí fomos ao teatro de Rosalía de Castro, que non sabía que existía e explicáronnos moitas cousas sobre el. Tamén visitamos a praza de María Pita, a súa estatua e o Palacio Municipal da Coruña. Pasámolo moi ben e eu cre que se houbese máis excursións tan interesantes como esta habería moita máis xente no club de lectura. 

                                 (Vera Otero Sánchez)

Erros e Tánatos

Concurso fotográfico

sábado, 9 de julio de 2022

Intercambio de cartas con alumnos do IES Gabriel Miró de Orihuela

No 80 aniversario da morte de Miguel Hernández, a biblioteca municipal do Castrillón organizou unha actividade de acercamento á poesía deste autor. Unha das actividades propostas foi un intercambio de cartas con alumnos do IES Gabriel Miró de Orihuela. Achegamos dúas mostras da participación de alumnas do club de lectura de 4º: unha ilustración para un poema do autor homenaxeado e unha composición orixinal.
                      
                       "Niños espectadores"
         Ciudades, personas y recuerdos destruidos 
         cuando las piedras caen. 
         Piedras negras, macizas y esféricas 
         Piedras a las que no les importan sus acciones 
         Piedras sin expresiones ni sentimientos 
         Piedras siguiendo órdenes 
         Se escuchan a lo lejos fuegos artificiales 
         ¿Por qué todos están corriendo?"

miércoles, 6 de julio de 2022

Premiados nos concursos dos Roteiros literarios


Laura, de 2ºde ESO, gañadora do concurso do Roteiro literario de Coruña



Anxo, Enrique, Pablo e Nicolás, de 3º de ESO, gañadores do concurso do 
Roteiro literario de Ourense


 

lunes, 4 de julio de 2022

Escaleta adaptación A rateira para Radio Monelos

 

Alumnos de 1ºde ESO presentan Miña querida Sherezade de Andrea Maceiras ante os seus compañeiros

 


        


           Esta actividade foi proposta polos propios componentes dun dos clubs de 1º de ESO, que lles  deron a coñecer a novela Miña querida Sherezade de Andrea Maceiras aos seus compañeiros. A experiencia foi positiva posto que motivou que alumnos non pertencentes ao club se animasen a ler este libro.

             A grabación foi realizada por un dos compañeiros. Achegamos como mostra os vídeos de presentación  e remate. 

 

 

 

 

 

 

 

 



domingo, 12 de diciembre de 2021

Roteiro literario pola Coruña e visita á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán (sede da RAG)

 
        O pasado 1 de decembro o alumnado que participa no club de lectura acompañado de dúas docentes realizaron un roteiro literario pola cidade d´A Coruña.  
        Iniciouse o roteiro na RAG, alí os alumnos e alumnas visitaron as estancias que no seu momento pertenceron á familia Pardo Bazán e que hoxe en día atesoura unha parte do legado da coñecida e insigne escritora, Emilia Pardo Bazán. 
         Para a súa sorpresa, a dos alumnos, guiounos nesta visita unha profesora británica que está realizando a súa tese sobre mulleres literatas. O obradoiro en que participou o alumnado centrouse na figura de Emilia Pardo Bazán, mais tamén en Virginia Woolf. O alumnado descubriu as diferenzas e similitudes da sociedade en que vivían ambas escritoras así como a interpretación que desta sociedade facía cada unha delas, coñeceron tamén os temas tratados nas súas obra, etc.. A experiencia foi moi interesante e enriquecedora.  
        Ademais, foi esta unha actividade trilingüe, o castelán e o inglés foron as linguas empregadas pola guía para realizar o obradoiro, linguas tamén empregadas polas autoras nas súas obras; foi o galego a lingua en que varios dos participantes realizaron as súas actividades. 
        Ao rematar a visita á Casa Museo/ Real Academia Galega, o roteiro recalou no Xardín de San Carlos para seguir camiño cara á Casa de Rosalía de Castro, edificio do século XVIII onde Rosalía de Castro e M. Murguía residiron un ano. Descubrimos tamén que ao carón da Casa de Rosalía se ubica a finca na que viviu Francisca Herrera, primeira muller académica da RAG. 
        Continuamos polo Paseo Marítimo cara á escultura de Isabel Zendal, coñecida por todo o alumnado que leu Os nenos da variola de María Solar. No Paseo Marítimo tamén se comentou un acontecemento que aparece no libro de Manuel Rivas Os libros arden mal, nel recréase un episodio ocorrido na Dársena coruñesa no ano 1936, a queima de libros. 
        O roteiro continuou camiño cara ao monumento sufragado polo pobo coruñés para homenaxear ao poeta Manuel Curros Enríquez e deseñado polo escultor Asorey. Ao pé do monumento uns alumnos leron unhas estrofas da composición titulada  “Ao pobo cruñés” lida por Curros no Teatro Rosalía de Castro (daquela Teatro Principal) na homenaxe recibida no ano 1904.

domingo, 28 de abril de 2019

Roteiro literario dos nosos alumnos do Club de lectura á Illa de San Simón e Vigo

O día 25 de abril, desafiando a climatoloxía adversa, entre vento e chuvias fortes, os alumnos do Club de lectura do IES Monelos dirixíronse en barco cara á Illa de San Simón.
A travesía pola ría  foi tranquila á ida e arribamos a terra en media hora dende o porto de Vigo.
Alí nos agardaba a guía que, moi amable,  explicounos  moitísimas cousas interesantes sobre esta illa que hoxe forma parte da red Natura.

Soubemos así que a Illa de San Simón foi residencia de varias ordes relixiosas, entre elas os Templarios. Foi unha illa saqueada en moitas ocasións.
No ano 1702 tivo lugar alí a famosa Batalla de Rande, na que os galeóns españois loitaron cos barcos de Inglaterra e Holanda, quedando vencidos. Os seus tesouros desapareceron, non se sabe si no fondo das augas ou nas mans dos inimigos.
Convertiuse no século XIX nun lazareto marítimo. A guía explicounos que un lazareto é un lugar onde se recibe aos enfermos contaxiados de epidemias moi graves, a fin de evitar que estas se extendan  ao resto dos países. Este lazareto tamén servía para que os viaxeiros dos barcos pasasen a corentena antes de dirixirse a Europa.
No período inmediatamente anterior á Guerra civil española e despois dela foi cárcere para os presos políticos, os perseguidos pola súa ideoloxía. As condicións de vida alí para eles foron moi duras.
Finalmente, hoxe e un ben protexido que serviu e sirve de inspiración a moitos escritores, como o célebre Xulio Verne, ao que se lle adicou unha escultura moi preto da illa.

Os alumnos disfrutaron da travesía no mar, do entorno natural da illa, da visita ao Museo da Batalla de Rande e os paseos pola cidade olívica.
Foi unha xornada de chuvia e ceo gris pero en todos nós ficou a pegada dunha paisaxe inesquecíble fundida coa literatura e a historia.































martes, 31 de octubre de 2017

Drácula






A publicación desta novela de Bran Stoker no ano 1897 marca o auxe na historia do vampirismo na literatura, pois constitúe a renovación das novelas góticas inglesas do século XVIII, o retorno ao substrato lexendario do vampirismo e o fundamento do auténtico mito dos tempos modernos, que se perpetuou ata os nosos días.

Co triunfo do pensamento racional no Século das Luces, os magos e aparecidos do pasado non teñen cabida. A revolución industrial transforma rapidamente a paisaxe europea e xa non hai lugar para as crenzas do pasado e as supersticións. A Inglaterra victoriana da segunda metade do XIX é un claro exemplo desta picota sociocultural, onde se oculta todo o que se aparta do decoro e dos valores establecidos, chegando incluso á represión. Porén, no seo desta Inglaterra aparecerá a novela de Bran Stoker.
O rexeitamento ao positivismo do Século das Luces e da revolución industrial xa se manifesta no Romanticismo de finais do XVIII e a segunda xeración de románticos ingleses revela desde principios de século XIX un vivo interese polo sobrenatural. Eles son os responsables, cos seus poemas, do retorno da lenda do vampiro, que máis tarde penetra na literatura en prosa.


O encontro en Londres de Stoker con Arminius Vambery, profesor de linguas orientais na Universidade de Budapest e que coñece a perfección a historia e o folclore de Europa central, será determinante para a xénese da novela. Vambery explícalle a Stoker a historia do auténtico Drácula, o terrible Vlad Tepes,  e o escritor, seducido pola sonoridade do nome, decide adoptalo para o heroe da súa novela.
Stoker pasou días enteiros na Biblioteca do British Museum documentándose sobre o vampirismo, a historia, a xeografía, os costumes e o folclore de Transilvania. Todas as referencias históricas, artísticas, etnográficas e científicas que aparecen na novela están debidamente ducumentadas e contrastadas polo escritor.

 
Percorrido de Jonathan Harker en tren a Transilvania