miércoles, 17 de octubre de 2012

Novas xuntanzas


Reunimonos a próxima semana na biblioteca:

Luns, 22 outubro, 1ºBach no segundo recreo.
Xoves, 25 outubro, 4ºESO no primeiro recreo.
Xoves, 25 outubro, 2ºESO no segundo recreo.
Venres, 26 outubro, 3ºESO no primeiro recreo.
Venres, 26 outubro, 1ºESO no segundo recreo.

Agárdannos moitas lecturas e algunha sorpresa.

Cando queirades publicar un artigo no blogue, só tedes que envialo ao enderezo de correo do voso coordinador.

Tedes que poñer o voso nome e curso e, se queredes enviar unha imaxe, adxuntaádea co texto. Se non tedes vós a imaxe, engadímola nós.

Animádevos!

miércoles, 30 de mayo de 2012

Lembrando a Rosalía


 
    Onte, martes 29 de maio, alumnos e profesores integrantes do Club de Lectura fixemos o roteiro de Rosalía de Castro. O seus poemas acompañáronnos no noso percorrido por Santiago e Padrón.


    Para elaborar os materiais que levamos (guieiro e escolma poética) contamos coa inestimable colaboración do noso compañeiro de Lingua e Literatura Galega, Antón Capelán, que nos proporcionou unha exhaustiva información sobre a poeta. 


    Rematamos a xornada de convivencia nunha praia do Barbanza onde algúns alumnos disfrutaron do seu primeiro mergullo do verán.

lunes, 14 de mayo de 2012

Contos solidarios

O venres,11 de maio, Anxo Moure estivo nosa Biblioteca despertándonos a imaxinación cos seus contos solidarios. Viaxamos, rimos, choramos, abrazamos árbores, vimos a Salgadiña, a estrela de Fisterra encargada de parar as guerras...
Os alumnos integrantes do club de lectura  fixéronlle entrega do diñeiro recadado coa venda dos "corazóns" que confeccionaran na semana do S.Valentín. Esperamos que con esta pequena contribución a súa ONG poida facerlles chegar bicicletas aos que máis as necesitan.

Anxo  agasallounos co seu libro O carballo con botas e dedicoullo a todos os mozos e mozas de Monelos. Moitas grazas e que agromen moitos máis carballos con botas!


viernes, 27 de abril de 2012

Moitas grazas, Xavier

O luns 23 de abril, día do libro, tivemos a sorte de asistir a charla que nos deu  Xavier Seoane titulada "O libro, a lectura e as novas tecnoloxías". Insistiu na importancia de   ter unha boa cultura textual para poder entender mellor as imaxes, polo que a lectura é fundamental desde os primeiros anos. Amosounos unha morea de libros singulares editados en formatos variados e de diferente tematica e, a continuación, proxectou o video Fantastic Books.

.

miércoles, 18 de abril de 2012

Los cachorros

A acción desta novela, publicada no ano 1967, transcorre en Miraflores, un distrito de Lima, cidade á que Vargas Llosa chegou cando tiña 11 anos. Alí fixo moitos amigos e tivo os seus primeiros namoramentos. O barrio de Miraflores aparece noutras obras do escritor e, como el mesmo di, está presente en todas as épocas da súa vida.


Se queres ter máis información, encontrarala neste video:

Para coñecer datos sobre a biografía de Mario Vargas Llosa, consulta este enlace:

http://es.wikipedia.org/wiki/Mario_Vargas_Llosa

miércoles, 21 de marzo de 2012

Literatura e cine

Os alumnos de 4º de ESO que forman parte de club de lectura presentaron aos seus compañeiros de curso o libro Cometas en el cielo do escritor afgano Khaled Hosseini. A continuación, vimos a adaptación cinematográfica da novela. Elaboraron un cuestionario e, ao rematar a proxección, debatéronse diversos aspectos e comentáronse as semellanzas e diferenzas entre o libro e a película.

martes, 20 de marzo de 2012

A revolta dos animais


A revolta dos animais foi publicada en agosto de 1945, despois de ser rexeitado o orixinal por catro editores o ano anterior. En 1971 foi descuberto o manuscrito dun prólogo escrito para este libro e que ata entón permanecera completamente ignorado. O seu título é "A liberdade de prensa".Orwell sostén que a covardía é unha ameaza tan grande para a liberdade como a autocensura. "Liberdade - dicía Orwell- significa o dereito a dicirlle a xente o que non quere oír". E el dedicouse a esta tarefa con todas as súas forzas.

No seguinte enlace tes datos sobre a vida do autor:
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/o/orwell.htm


 Na web do departamento de Sociais do instituto, no apartado de Hª do Mundo Contemporáneo, tedes videos sobre a Revolución Rusa. Para velos pulsade o seguinte enlace:
Departamento Sociais IES Monelos