lunes, 29 de octubre de 2012

La sonrisa etrusca


Este é o sarcófago etrusco (villa Julia, Roma) que dá título á novela de José Luis Sampedro (Barcelona, 1917), autor de obras de carácter económico e de novelas de temática variada coas que acadou grandes éxitos. Desde 1990 é membro da Real Academia Española. En 2011 foi galardoado co Premio Nacional de las Letras Españolas como recoñecemento a toda a súa carreira e o 24 de maio de 2012 foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Alcalá.
Velaí a entrevista quelle fai Iñaki Gabilondo:


jueves, 25 de octubre de 2012

El príncipe de la niebla


Con esta novela (premio Edebé 1993) inicia a súa carreira literaria Carlos Ruiz Zafón (Barcelona,1964). Segue a escribir novelas xuvenís (El palacio de la medianoche, Las luces de septiembre e Marina) ata o ano 2001 no que se publica a súa primeira novela para adultos, La sombra del viento, que pronto se transforma nun fenómeno literario internacional. Ata o momento leva publicadas tres novelas da tetraloxía dedicada a súa cidade natal. As súas obras traducíronse a máis de 50 linguas e conseguiron nunerosos premios.
Aí tedes o librotrailer


miércoles, 17 de octubre de 2012

Novas xuntanzas


Reunimonos a próxima semana na biblioteca:

Luns, 22 outubro, 1ºBach no segundo recreo.
Xoves, 25 outubro, 4ºESO no primeiro recreo.
Xoves, 25 outubro, 2ºESO no segundo recreo.
Venres, 26 outubro, 3ºESO no primeiro recreo.
Venres, 26 outubro, 1ºESO no segundo recreo.

Agárdannos moitas lecturas e algunha sorpresa.

Cando queirades publicar un artigo no blogue, só tedes que envialo ao enderezo de correo do voso coordinador.

Tedes que poñer o voso nome e curso e, se queredes enviar unha imaxe, adxuntaádea co texto. Se non tedes vós a imaxe, engadímola nós.

Animádevos!

miércoles, 30 de mayo de 2012

Lembrando a Rosalía


 
    Onte, martes 29 de maio, alumnos e profesores integrantes do Club de Lectura fixemos o roteiro de Rosalía de Castro. O seus poemas acompañáronnos no noso percorrido por Santiago e Padrón.


    Para elaborar os materiais que levamos (guieiro e escolma poética) contamos coa inestimable colaboración do noso compañeiro de Lingua e Literatura Galega, Antón Capelán, que nos proporcionou unha exhaustiva información sobre a poeta. 


    Rematamos a xornada de convivencia nunha praia do Barbanza onde algúns alumnos disfrutaron do seu primeiro mergullo do verán.

lunes, 14 de mayo de 2012

Contos solidarios

O venres,11 de maio, Anxo Moure estivo nosa Biblioteca despertándonos a imaxinación cos seus contos solidarios. Viaxamos, rimos, choramos, abrazamos árbores, vimos a Salgadiña, a estrela de Fisterra encargada de parar as guerras...
Os alumnos integrantes do club de lectura  fixéronlle entrega do diñeiro recadado coa venda dos "corazóns" que confeccionaran na semana do S.Valentín. Esperamos que con esta pequena contribución a súa ONG poida facerlles chegar bicicletas aos que máis as necesitan.

Anxo  agasallounos co seu libro O carballo con botas e dedicoullo a todos os mozos e mozas de Monelos. Moitas grazas e que agromen moitos máis carballos con botas!


viernes, 27 de abril de 2012

Moitas grazas, Xavier

O luns 23 de abril, día do libro, tivemos a sorte de asistir a charla que nos deu  Xavier Seoane titulada "O libro, a lectura e as novas tecnoloxías". Insistiu na importancia de   ter unha boa cultura textual para poder entender mellor as imaxes, polo que a lectura é fundamental desde os primeiros anos. Amosounos unha morea de libros singulares editados en formatos variados e de diferente tematica e, a continuación, proxectou o video Fantastic Books.

.

miércoles, 18 de abril de 2012

Los cachorros

A acción desta novela, publicada no ano 1967, transcorre en Miraflores, un distrito de Lima, cidade á que Vargas Llosa chegou cando tiña 11 anos. Alí fixo moitos amigos e tivo os seus primeiros namoramentos. O barrio de Miraflores aparece noutras obras do escritor e, como el mesmo di, está presente en todas as épocas da súa vida.


Se queres ter máis información, encontrarala neste video:

Para coñecer datos sobre a biografía de Mario Vargas Llosa, consulta este enlace:

http://es.wikipedia.org/wiki/Mario_Vargas_Llosa