lunes, 13 de octubre de 2014

Nova andaina do noso club

Ao longo destas dúas semanas  puxemos en marcha o noso quinto club de lectura. Os grupos de 1º de Bacharelato e 1º e 2º de ESO xa están lendo os seus respectivos libros. Esta semana entregaranse os libros aos grupos de 3º e 4º de ESO.
Como en cursos anteriores, engadiremos información relativa ás novas lecturas e contamos coa vosa colaboración no blog.
Que teñamos un curso cheo de boas lecturas!

lunes, 16 de junio de 2014

OBRADOIRO LITERARIO: HAIKUS




Un ano máis temos que agradecerlle ao profesor e poeta Xavier Seoane a súa colaboración co club de lectura. Nesta ocasión, centrouse na explicación da estética dos haikus orientais. Nunha parte da sesión, os alumnos dos clubs de 3º e 4º de ESO fixeron os seus propios ensaios neste xénero poético. Velaquí algunhas mostras:


O silencio agarda
a quen non agarda silencio.

Se miran,
se enamoran,
se olvidan.

Deitado na herba
       mirando o ceo
esquecendo a herba.
Último día
últimas palabras
lágrimas, despedida.

Mosca atrapada
en tea de araña
persoa namorada.
Un soldado, un rifle.
Una noche, un niño.
Un destello, un grito.
Un muerto. Silencio.

Dos estrellitas
dándose conversación
es una constelación.
Yo atado al suelo
y el pájaro al cielo
¿Existe la libertad?


Vocalizar el amor…
no es decir “te quiero”
es dar un beso.
O pó
         desapercibido
non está escondido.

Se apagan las luces
ruido de palomitas,
hora de evadirse.

Suave brisa
              para
deprisa…
O silencio vese sen palabras.

miércoles, 2 de abril de 2014

Encontro con Ana Alcolea

O luns,31 de marzo, os alumnos do club de lectura de 2º de ESO tiveron a oportunidade de asistir a unha charla da escritora do libro que acababan de ler, La noche más oscura. Viaxaron acompañados por alumnos do instituto Monte das Moas que leran este mesmo libro no seu club.





O encontro tivo lugar no Centro Cultural Ágora, onde os esperaban  alumnos do club de lectura do instituto do Agra do Orzán que leran outra obra de Ana Alcolea.



lunes, 31 de marzo de 2014

Las aventuras de Ulises

No club de lectura de 4º acompañaremos a Ulises na súa longa travesía polo Mediterráneo. Imos ler esta adaptación da Odisea feita pola escritora británica Rosemary Sutcliff.

A Odisea é  o poema de Odiseo (Ulises é o nome que lle deron ao personaxe os latinos). É un poema dun "regreso" azaroso e extremadamente longo pero cun final máis feliz que o doutros heroes. O seu protagonista é un aventureiro que cruza un mítico mar Mediterráneo poboado de criaturas estrañas, que garda no seu corazón a súa nostalxia por Ítaca, por Penélope, polo seu regreso a casa. Ulises sabe facer o seu camiño con paciencia, con sagaz curiosidade e gran carraxe .Se o mar proceloso e os deuses lle complican a viaxe, Ulises sabe sacar proveito dos seus arriscados encontros. Como se di nun famoso verso do poeta grego Cavafis, "cuando vuelvas a Ítaca, ruega que sea largo el viaje".


Ulises burlando a Polifemo, Turner (1775-1851)

Nesta dirección tedes un enlace a un mapa interactivo da viaxe de Ulises.

Son moitas as cancións inpiradas na Odisea. Unha delas é a do cantautor Javier Krahe, "Como Ulises", cuxo final, como apreciaredes, difire da versión que nos dá Homero.







miércoles, 5 de febrero de 2014

A música na novela A praia dos afogados


Xusto Castelo, o Rubio, sempre asubiaba esta melodía. Trátase de "A canción de Solveig" da suite nº 2 de Peer Gynt, composta por Edvard Grieg para acompañar a posta en escena da obra de teatro do mesmo título de Henrik Ibsen:


O inspector Leo Caldas escoita na súa casa "Exactly like you" de Louis Amstrong:


No programa da radio Patrulla nas ondas poñen "Promenade" de George Gershwin:



"Avec le temps" de Léo Ferré encantáballe a nai de Leo Caldas, e tamén a cantaruxaba o seu amigo, o doutor Trabazo.


lunes, 20 de enero de 2014

Un mundo feliz


 No club de lectura de 3º de ESO imos ler a novela máis famosa de Aldous Huxley. Foi publicada en 1932 e converteuse nun clásico da literatura. Interpretada en ocasións como unha precoz advertencia dos totalitarismos que asolarían Europa, aparecen tamén nela acertadas consideracións sobre a biotecnoloxía, a enxeñería xenética ou a manipulación propagandística.

Podedes ver  a Aldous Huxley nesta entrevista que lle fan no ano 1958:

Nesta páxina encóntrase unha  información moi completa sobre o libro:
http://mural.uv.es/racua/

Un mundo feliz ten certos paralelismos con 1984 de Orwell. Porén,  hai algunhas diferenzas no tocante as súas profecías. Así o analiza no libro Divirtiéndonos hasta morir Neil Postman, sociólogo e crítico cultural estadounidense, que criticou a influencia que exercen os medios de comunicación na sociedade contemporánea. Este video baséase na obra de Postman:



viernes, 17 de enero de 2014

Lectores de 1º de ESO


Con esta novela , publicada no ano 2006,  John Boyne, o seu autor, acadou fama internacional. Podes velo nesta entrevista na que fala sobre o libro:


 

Esta novela foi adaptada ao cine e estreouse no ano 2008, durante a 56ª edición do Festival de 
cine de S.Sebastián. Vemos, de novo, a John Boyne, agora dando a súa opinión sobre sobre a película:

 
No seguinte enlace atoparás unha guía de lectura do libro, que foi elaborada no IES de Pastoriza:

 http://linguaeliteraturagalega.webnode.es/biblioteca/club-de-lectura/