lunes, 24 de noviembre de 2014

Lectores de 4º de ESO




 Nesta novela  de Annabel Pitcher que estamos a ler, encontramos algunhas referencias literarias das que vos damos máis información:

 Cando  Zoe está no despacho da súa profesora de Lingua, ve na parede un retrato de lady Macbeth coa frase "Fuera, mancha maldita" (p. 32). Son as palabras desesperadas de lady Macbeth cando trata de borrar as imaxinarias manchas de sangue que deixou na súa conciencia o asasinato do rei de Escocia para arrebatarlle o trono. Macbeth, unha das traxedias máis coñecidas de William Shakespeare,  trata da traición e ambición desmedida.

Na  carta que Zoe escribe a Stuart o día de aninovo fai referencia a Canción de Navidad de Dickens e explícalle que "Bob Cratchit era un hombre muy pobre y su familia no podía permitirse más que el escuálido ganso victoriano para el 25 de diciembre, pero sus hijos lo contemplaban como si fuera un ave enorme de gordas carnes blancas del que podrían comer durante semanas, y aplaudieron cuando lo vieron llegar a la mesa" (p. 161). A continuación, alude a Auld Lang Syne, unha canción escocesa, utilizada en momentos solemnes, pero que se relaciona especialmente co Aninovo. A súa letra é un poema escrito por Robert Burns, un dos poetas escoceses máis populares:


Para non ser descuberta por Aaron nunha festa, Zoe vólvese de espaldas decidida a quedar mirando ao lado contrario ata que el marchase, pero comprende o dífícil que resulta. Lémbrase do que lle pasara a Orfeo que non puido resistirse sen mirar a súa muller Eurídice antes de chegar ao mundo dos vivos.

Cando Zoe comprende que xa non pode seguir finxindo a súa situación por moito tempo (p. 219), fai referencia a unha representación teatral de El mago de Oz, baseada no libro El maravilloso mago de Oz, escrito por Frank Baum, do que se fixeron numerosas adaptacións teatrais e cinematógraficas.


lunes, 13 de octubre de 2014

Arraianos

Os dez relatos que conforman o último libro narrativo de Méndez Ferrín, publicado en 1991, están ambientados na Raia, un territorio fronteirizo entre Galicia e Portugal. Este espazo é o principal elemento unificador dos contos, pois transcorren entre o século X ("Adosinda horrorizada") e a Posguerra ("O militante fantasía").
En Arraianos aparecen certas constantes narrativas do escritor ourensán: fantasía, denuncia da violencia fascista, xogo intertextual con clásicos da literatura universal e coa súa propia obra anterior...
Un elemento moi orixinal de Arraianos é a posta en cuestión da fronteira política, que separa comunidades dun pasado cultural e histórico común. Este volume iniciou a serie de obras narrativas galegas sobre o Couto Mixto.

Neste vídeo-presentación podedes ver e escoitar ao escritor no convento da vila de Celanova, importante centro simbólico da alta Idade Media galega:


Bajo la misma estrella

No club de 3º de ESO imos ler esta novela que, desde o momento da súa publicación no ano 2012, recibiu un aluvión de eloxiosas e unánimes críticas, recoñecemento literario que se viu acompañado de numerosos premios e distincións.
O se autor, John Green, dixo que o título do libro está inspirado nunha frase da obra Xulio César de Shakeaspeare, cando Casio lle di a Bruto "Se estamos sometidos, querido Bruto, a culpa  non está na nosa estrela senón en nós mesmos."
 Bajo la misma estrella é o último gran fenómeno literario a escala mundial. É o número un nunha longa lista de países como México, Brasil, Alemaña, e Estados Unidos, país este último onde permaneceu na lista dos máis vendidos de The New York Times durante 65 semanas consecutivas
Podedes ver o trailer da película baseada nesta novela que se estreou o 6 de xullo de 2014 en Estados Unidos:











Nova andaina do noso club

Ao longo destas dúas semanas  puxemos en marcha o noso quinto club de lectura. Os grupos de 1º de Bacharelato e 1º e 2º de ESO xa están lendo os seus respectivos libros. Esta semana entregaranse os libros aos grupos de 3º e 4º de ESO.
Como en cursos anteriores, engadiremos información relativa ás novas lecturas e contamos coa vosa colaboración no blog.
Que teñamos un curso cheo de boas lecturas!

lunes, 16 de junio de 2014

OBRADOIRO LITERARIO: HAIKUS




Un ano máis temos que agradecerlle ao profesor e poeta Xavier Seoane a súa colaboración co club de lectura. Nesta ocasión, centrouse na explicación da estética dos haikus orientais. Nunha parte da sesión, os alumnos dos clubs de 3º e 4º de ESO fixeron os seus propios ensaios neste xénero poético. Velaquí algunhas mostras:


O silencio agarda
a quen non agarda silencio.

Se miran,
se enamoran,
se olvidan.

Deitado na herba
       mirando o ceo
esquecendo a herba.
Último día
últimas palabras
lágrimas, despedida.

Mosca atrapada
en tea de araña
persoa namorada.
Un soldado, un rifle.
Una noche, un niño.
Un destello, un grito.
Un muerto. Silencio.

Dos estrellitas
dándose conversación
es una constelación.
Yo atado al suelo
y el pájaro al cielo
¿Existe la libertad?


Vocalizar el amor…
no es decir “te quiero”
es dar un beso.
O pó
         desapercibido
non está escondido.

Se apagan las luces
ruido de palomitas,
hora de evadirse.

Suave brisa
              para
deprisa…
O silencio vese sen palabras.

miércoles, 2 de abril de 2014

Encontro con Ana Alcolea

O luns,31 de marzo, os alumnos do club de lectura de 2º de ESO tiveron a oportunidade de asistir a unha charla da escritora do libro que acababan de ler, La noche más oscura. Viaxaron acompañados por alumnos do instituto Monte das Moas que leran este mesmo libro no seu club.





O encontro tivo lugar no Centro Cultural Ágora, onde os esperaban  alumnos do club de lectura do instituto do Agra do Orzán que leran outra obra de Ana Alcolea.



lunes, 31 de marzo de 2014

Las aventuras de Ulises

No club de lectura de 4º acompañaremos a Ulises na súa longa travesía polo Mediterráneo. Imos ler esta adaptación da Odisea feita pola escritora británica Rosemary Sutcliff.

A Odisea é  o poema de Odiseo (Ulises é o nome que lle deron ao personaxe os latinos). É un poema dun "regreso" azaroso e extremadamente longo pero cun final máis feliz que o doutros heroes. O seu protagonista é un aventureiro que cruza un mítico mar Mediterráneo poboado de criaturas estrañas, que garda no seu corazón a súa nostalxia por Ítaca, por Penélope, polo seu regreso a casa. Ulises sabe facer o seu camiño con paciencia, con sagaz curiosidade e gran carraxe .Se o mar proceloso e os deuses lle complican a viaxe, Ulises sabe sacar proveito dos seus arriscados encontros. Como se di nun famoso verso do poeta grego Cavafis, "cuando vuelvas a Ítaca, ruega que sea largo el viaje".


Ulises burlando a Polifemo, Turner (1775-1851)

Nesta dirección tedes un enlace a un mapa interactivo da viaxe de Ulises.

Son moitas as cancións inpiradas na Odisea. Unha delas é a do cantautor Javier Krahe, "Como Ulises", cuxo final, como apreciaredes, difire da versión que nos dá Homero.