lunes, 27 de junio de 2011

O CLUB ESCENIFICA

Os alumnos do primeiro ciclo de ESO presentaron ao resto dos compañeiros catro dos libros que leran durante o curso. Para levar a cabo esta actividade optouse por distintas modalidades:
Para presentar Relato de un náufrago simularon un programa televisivo “Encuentros con un autor”. Unha moderadora facía a presentación dos participantes: García Márquez, o náufrago Luis Alejandro Velasco e o  aldeán que o atopou na praia. O propio Garcia Márquez era o que entrevistaba aos outros personaxes.


Cos lectores de Los viajes de Gulliver puidemos viaxar a Liliput, ao país dos xigantes, a Laputa e o país dos cabalos. Guiáronnos a través dunha selección de lecturas e das ilustracións que eles mesmos fixeron.

Para presentar Veinte mil leguas de viaje submarino os integrantes do grupo de lectura “Los corsarios del libro”, despois de contar algúns datos sobre o autor e a súa obra, fixeron unha simpática dramatización das aventuras vividas na illa de Gueboroar, a parte do libro que máis lles gustou:


Por último, o Club de lectura “Odisea”  presentou La vida sobre ruedas. Simularon unha reunión do club na que opinaban sobre a novela na que, con naturalidade,  ían dando datos sobre o autor, facían comparacións entre as vivencias de Delibes e as que lles contaran algúns dos seus familiares; falaban das afeccións deportivas do escritor e das súas propias; lían os fragmentos pertinentes…

E, para rematar,  proxectamos un video da viaxe a Mondoñedo no que os participantes, arredor da escultura de Cunqueiro, cantamos o seu poema “No niño novo do vento”

Bo verán a todos e seguide lendo moito.

sábado, 14 de mayo de 2011

20.000 leguas de viaxe submarino

Se queredes escoitar unha crítica do libro de Juilo Verne feita polos alumnos de 1º ESO: Jorge Piñón, Javier Varela, Roberto Rilo, Lucas Rodríguez e Manuel Villamisar, podedes darlle ao play no reproductor que está aquí abaixo.


viernes, 8 de abril de 2011

Moonkid e Liberti

Os alumnos de 2º ESO C: Christian, Xacobe, Nuno, María, Nerea, Sara, Andrés, Marina e Xaime, contan o que lles pareceu a novela.

 

lunes, 14 de marzo de 2011

As vosas compañeiras recomendan...

Título: O diario vermello de Carlota
Autora: Gemma Lienas
Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2010
¿Qué é a sexualidade exactamente? Aínda hai moitas persoas ás que falar de sexo lles resulta un tema tabú ou éntralles unha risiña tonta.  Isto provoca que  moitos mozos non saiban moito sobre el. No Diario de Carlota nárranse desde o punto de vista dunha adolescente as primeiras experiencias sexuais; ensínanos como somos por dentro e que métodos anticonceptivos hai. Recomendo este libro porque penso que é unha boa maneira de informarse e aprender ao mesmo tempo.
Paula Marina García, 2º ESO A







Cada año mueren demasiadas mujeres a manos de sus parejas o compañeros sentimentales. Muchas de ellas ni siquiera se dan cuenta de que están sufriendo maltratos o abusos. En este libro Carlota busca información sobre la violencia de género, el feminismo o la sociedad patriarcal  y cuenta cosas que bastante gente debería escuchar antes de hablar y opinar.
Paula Marina García, 2º ESO A




Es un libro de misterio e intriga. La vida tranquila de un pueblo se ve alterada por la llegada de Isabelle, una lavandera que se había marchado hacía tiempo tras su amor, un joven noble. Ahora está muy cambiada, viste de luto y sólo se relaciona con Mijail, un criado muy fiel. Max, el gendarme del pueblo empieza a investigar…
Es uno de mis libros favoritos. Mientras lo lees te vas adentrando en la historia y vas pensando cómo se resolverá. Os lo recomiendo, os va a gustar mucho.

Ámbar Trillo, 1º ESO B



Charlie é un dos nenos elixidos para visitar a fábrica de chocolate Wonka. O señor Wonka fíxase especialmente nel e esta visita cambiará para sempre a vida de Charlie. Dentro da fábrica pasan cousas graciosas e divertidas.
Este libro está cheo de humor e penso que lle gustará a calquera que o lea. 
Ámbar Trillo, 1º ESO B





Esta   novela narra a historia dunha nena chamada Mª Xosé, á cal gústalle gastar bromas e ser cruel. Mais nunca pensou que o que comezou cunha mensaxe na correa dun gato dun grupo de mozos aventureiros, liderado pola mente imaxinativa dunha compañeira súa, ía acabar por converterse na aventura máis grande da súa vida
María Díaz Tobar, 2º ESO C


sábado, 5 de marzo de 2011

Relato dun náufrago

Escoitade a reseña que deste libro fan os alumnos de 2º ESO C: Sara Lozano, María Díaz, Marina Fonfría Paz e Nuno Riveiros.




lunes, 21 de febrero de 2011

Lectores de Los viajes de Gulliver

 Escoitade a presentación que fai Mario Vargas LLosa


Este libro serviu de inspiración a Telemann. músico barroco alemán, para a súa Suite Gulliver.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Novidades febreiro


Non deixes de ler esta emotiva memoria da prisión, o exilio, e a loita pola liberdade e a democracia: