viernes, 27 de abril de 2012

Moitas grazas, Xavier

O luns 23 de abril, día do libro, tivemos a sorte de asistir a charla que nos deu  Xavier Seoane titulada "O libro, a lectura e as novas tecnoloxías". Insistiu na importancia de   ter unha boa cultura textual para poder entender mellor as imaxes, polo que a lectura é fundamental desde os primeiros anos. Amosounos unha morea de libros singulares editados en formatos variados e de diferente tematica e, a continuación, proxectou o video Fantastic Books.

.

miércoles, 18 de abril de 2012

Los cachorros

A acción desta novela, publicada no ano 1967, transcorre en Miraflores, un distrito de Lima, cidade á que Vargas Llosa chegou cando tiña 11 anos. Alí fixo moitos amigos e tivo os seus primeiros namoramentos. O barrio de Miraflores aparece noutras obras do escritor e, como el mesmo di, está presente en todas as épocas da súa vida.


Se queres ter máis información, encontrarala neste video:

Para coñecer datos sobre a biografía de Mario Vargas Llosa, consulta este enlace:

http://es.wikipedia.org/wiki/Mario_Vargas_Llosa

miércoles, 21 de marzo de 2012

Literatura e cine

Os alumnos de 4º de ESO que forman parte de club de lectura presentaron aos seus compañeiros de curso o libro Cometas en el cielo do escritor afgano Khaled Hosseini. A continuación, vimos a adaptación cinematográfica da novela. Elaboraron un cuestionario e, ao rematar a proxección, debatéronse diversos aspectos e comentáronse as semellanzas e diferenzas entre o libro e a película.

martes, 20 de marzo de 2012

A revolta dos animais


A revolta dos animais foi publicada en agosto de 1945, despois de ser rexeitado o orixinal por catro editores o ano anterior. En 1971 foi descuberto o manuscrito dun prólogo escrito para este libro e que ata entón permanecera completamente ignorado. O seu título é "A liberdade de prensa".Orwell sostén que a covardía é unha ameaza tan grande para a liberdade como a autocensura. "Liberdade - dicía Orwell- significa o dereito a dicirlle a xente o que non quere oír". E el dedicouse a esta tarefa con todas as súas forzas.

No seguinte enlace tes datos sobre a vida do autor:
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/o/orwell.htm


 Na web do departamento de Sociais do instituto, no apartado de Hª do Mundo Contemporáneo, tedes videos sobre a Revolución Rusa. Para velos pulsade o seguinte enlace:
Departamento Sociais IES Monelos

miércoles, 8 de febrero de 2012

San Valentín solidario


Esta semana hai moito movemento no vestíbulo do centro durante os recreos. Os alumnos do Club de Lectura dedícanse a vender os "corazóns" que eles mesmos confeccionaron. Hoxe esgotáronse pero mañá xa haberá máis. Non vos impacientedes! Aínda hai tempo para que poidades escribir as vosas mensaxes de amor, amizade a compañeiros, profes, amigos...

Como sabedes, o diñeiro recadado será entregado a ONG Bicis pola Paz. Un dos seus integrantes, Anxo Moure, virá contarnos contos solidarios no mes de maio.

lunes, 23 de enero de 2012

Amir regresa a Kabul

Os acontecementos políticos sufridos en Afganistan desde 1978 fan que a vida de Amir cambie drasticamente. Despois de pasar máis de vinte anos en Estados Unidos, unha chamada do seu vello amigo Rahim Kan obrígao a regresar. Amir atopará un país ben diferente do que el coñecía.

Se queres coñecer máis información referente a Afganistan, podes consultar os seguintes videos:

jueves, 19 de enero de 2012

Recomendacións de xaneiro

Bárbara Molina, la protagonista de la historia, es una chica rebelde y poco valiente, a la que secuestran y encierran en un zulo durante cuatro años.

La novela narra como el detective que llevaba el caso desde hacía cuatro años, iba a retirarse con la pena de no haberlo cerrado, hasta que unos sucesos casuales hacen que encuentre al culpable que lo había engañado durante todo ese tiempo.

Fue un libro que me enganchó desde el principio y que al final me dio muchas sorpresas.

Laura Martinez Amado. 4ºA


Aquí temos unha presentación que fai a autora sobre a sua novela:


 Para os alumnos do primeiro ciclo:

La vida de una familia conocida en su barrio como "Los Sacos", debido a su obesidad y afición desmedida a la comida, cambiará drásticamente cuando la madre decide adelgazar y buscar trabajo. La más afectada será Gretchen, la protagonista,  una chica de 14 años a la que este hecho cambiará totalmente la mentalidad y la forma de ver las cosas. Una historia que plantea temas tan importantes como la autoestima, la independencia de la mujer, los valores familiares y la adaptación de cada personaje a una sociedad moderna en constante evolución, donde la injusticia y la intransigencia están a la orden del día.