lunes, 7 de noviembre de 2011

Rebeldes



Susan E. Hinton, unha moza de 16 anos amante dos libros, irrompeu no mercado editorial en 1967 ao serlle admitida a publicación dunha novela fresca e cercana ao mundo adolescente.

A novela foi levada ao cine polo director estadounidense Francis Ford Coppola no ano 1982.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Unha novela de misterio e intriga


Tres mozos exploran unha casa abandonada e atopan varios enigmas: unha planta que capta palabras e sentimentos, unha voz que xoga ao xadrez por teléfono, un estraño escaravello... Claves dunha apaixonante novela que te atrapará desde as primeiras páxinas.



A acción desenvólvese nun  pequeno pobo de Suecia, chamado Ringaryd.



A autora do libro, María Gripe, é unha coñecida escritora sueca, galardoada con varios premios literarios, entre os que destaca o premio Andersen, que obtivo en 1974,  considerado como o Nobel da literatura infantil. Podedes atopar máis información sobre a escritora neste enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Gripe

miércoles, 26 de octubre de 2011

La perla

O seu autor
John Steinbeck naceu en Salinas, California, no ano 1902. Estudou na Universidade de Stanford, pero desde moi cedo tivo que traballar duramente como albanel, xornaleiro rural, agrimensor ou empregado de tenda. En 1930 casou con Carl Henning e trasladouse a Pacific Grove onde coñeceu a Edward Ricketts, un biólogo marino, con quen tivo unha gran amizade. Durante esta década describiu a pobreza que acompañou a Depresión económica e tivo o seu primeiro recoñecemento crítico coa novela Tortilla Flat, en 1935.
Posteriormente saíron á luz as súas novelas máis coñecidas: De ratones y hombres (1937),Las uvas de la ira (1939) e Al este del Edén (1952), as tres levadas ao cine.
Las uvas de la ira, considerada a súa mellor novela, xurdiu dos artigos periodísticos que Steinbeck escribira sobre as novas
ondeadas de traballadores que chegaban a California, e desatou polémicas encendidas no plano político e na crítica, xa que foi acusado de socialista e perturbador. Nesta novela nárrase a migración de familias de Texas e Oklahoma que fuxían da sequía e da miseria, en busca da californiana Terra Prometida.
A prosa de Steinbeck ten un forte compoñente alegórico e espiritual e susténtase na piedade e interese do escritor polos máis desfavorecidos.
En 1962 obtivo o premio Nobel de Literatura. Seis anos despois, en decembro de 1968, faleceu no seu domicilio de Nova York.


La perla

En 1940, Steinbeck e o seu amigo Ricketts emprenderon unha viaxe en barco polo golfo de California ata chegar a La Paz. Enclavada nunha fermosa bahía, esta antiga cidade era o orgullo dos nativos. Ao tratarse dun dos centros máis importantes na produción de perlas, La Paz non sempre fixo honor ao seu nome, pois a posibilidade de enriquecerse desperta a avaricia dos homes e failles esquecer o sentido da xustiza e da solidariedade. Ao pouco de chegar a La Paz, Steinbeck oiu contar unha historia que, segundo dicían, sucedera poucos anos antes. Nesta lenda sobre o achádego dunha perla dun tamaño incrible baséase La perla. Así pois, a novela ten o seu xerme nunha realidade que lle serve de sustento: un medio físico real, uns personaxes existentes e un contexto de inxustiza secular.
Publicada por primeira vez nunha revista, La perla apareceu en formato de libro no ano 1947, coincidindo co ano da estrea da súa versión cinematográfica.




lunes, 17 de octubre de 2011

A lectura xúntanos de novo


Grupos de 3º e 4º de ESO

O xoves, 20 de outubro, reunímonos na biblioteca (1º recreo) para a primeira toma de contacto. Non vos esquezades!

Grupos de 2º de ESO

A xuntanza será o martes, 25 de outubro, no segundo recreo.

Boas lecturas para todo o curso!

lunes, 27 de junio de 2011

O CLUB ESCENIFICA

Os alumnos do primeiro ciclo de ESO presentaron ao resto dos compañeiros catro dos libros que leran durante o curso. Para levar a cabo esta actividade optouse por distintas modalidades:
Para presentar Relato de un náufrago simularon un programa televisivo “Encuentros con un autor”. Unha moderadora facía a presentación dos participantes: García Márquez, o náufrago Luis Alejandro Velasco e o  aldeán que o atopou na praia. O propio Garcia Márquez era o que entrevistaba aos outros personaxes.


Cos lectores de Los viajes de Gulliver puidemos viaxar a Liliput, ao país dos xigantes, a Laputa e o país dos cabalos. Guiáronnos a través dunha selección de lecturas e das ilustracións que eles mesmos fixeron.

Para presentar Veinte mil leguas de viaje submarino os integrantes do grupo de lectura “Los corsarios del libro”, despois de contar algúns datos sobre o autor e a súa obra, fixeron unha simpática dramatización das aventuras vividas na illa de Gueboroar, a parte do libro que máis lles gustou:


Por último, o Club de lectura “Odisea”  presentou La vida sobre ruedas. Simularon unha reunión do club na que opinaban sobre a novela na que, con naturalidade,  ían dando datos sobre o autor, facían comparacións entre as vivencias de Delibes e as que lles contaran algúns dos seus familiares; falaban das afeccións deportivas do escritor e das súas propias; lían os fragmentos pertinentes…

E, para rematar,  proxectamos un video da viaxe a Mondoñedo no que os participantes, arredor da escultura de Cunqueiro, cantamos o seu poema “No niño novo do vento”

Bo verán a todos e seguide lendo moito.

sábado, 14 de mayo de 2011

20.000 leguas de viaxe submarino

Se queredes escoitar unha crítica do libro de Juilo Verne feita polos alumnos de 1º ESO: Jorge Piñón, Javier Varela, Roberto Rilo, Lucas Rodríguez e Manuel Villamisar, podedes darlle ao play no reproductor que está aquí abaixo.


viernes, 8 de abril de 2011

Moonkid e Liberti

Os alumnos de 2º ESO C: Christian, Xacobe, Nuno, María, Nerea, Sara, Andrés, Marina e Xaime, contan o que lles pareceu a novela.