miércoles, 10 de abril de 2013

Enderezo descoñecido


Escrito en 1938, publicouse por primeira vez na revista Story e provocou de inmediato un enorme interese. O relato está baseado nas cartas que se intercambian un xudeu estadounidense que vive en S. Francisco e o seu antigo socio, un alemán que volveu ao seu país. As cartas denuncian o principio da chegada de Hitler ao poder, a verdadeira índole do nazismo. A propia autora fálanos da situación do seu país nestes tempos.

"En 1938 a postura aislacionista en Estados Unidos era moi forte. Os políticos sostiñan que os problemas de Europa non eran asunto noso e que en Alemaña as cousas  ían moi ben . Pero algúns estudantes que volvían de Alemaña contaban a verdade sobre as atrocidades dos nazis"

En 1939 Enderezo descoñecido pubicouse en forma de libro e acadou un enorme éxito en Estados Unidos e Inglaterra, pero enseguida apareceu na lista de libros prohibidos polo Terceiro Reich e non se coñeceu en Europa ata sesenta anos despois.

O escritor Fran Alonso fálanos do libro e da súa autora neste vídeo- recomendación:



No club de 3º lemos teatro


É a última obra dramática de Federico García Lorca e foi estreada no ano 1945 pola compañía de Margarita Xirgu, unha actriz española de fama mundial, no teatro Avenida de Bos Aires. O título completo é La casa de Bernarda Alba. "Drama de  mujeres en los pueblos de España". Só  mulleres interveñen na obra, dando así -como en Yerma e en Doña Rosita- á feminidade o eixe da traxedia.

Nunha entrevista feita a Lorca e publicada polo diario El Sol, este exponnos cal é a súa concepción do teatro:
  "El teatro es la poesía que se hace humana. El teatro fue siempre mi vocación. He dado al teatro muchas horas de mi vida. Tengo un concepto del teatro en cierta forma personal y resistente. El teatro es la poesía que se levanta del libro y se hace humana. Y al hacerse, habla y grita, llora y se desespera (...)

Para informarvos máis,  aquí tedes distintos vídeos que atopamos en youtube.

Homenaxe a Margarita Xirgu con motivo do 75 aniversario do Festival de teatro de Mérida
 
Unha das varias representacións que se fixeron de La casa de Bernarda Alba:


No ano 1987 estreouse a adaptación cinematográfica da obra, dirixida por Mario Camus. Este é o fragmento inicial da película:



jueves, 4 de abril de 2013

A neta do señor Linh


Tras o éxito de Almas grises, co que recibiu o prestixioso premio Renaudot, Philippe Claudel volveu a causar un gran impacto con esta emotiva fábula sobre o exilio e a soidade, sobre como preservar a identidade. Esta novela foi recibida con entusiasmo en Francia e permaneceu na lista de libros máis vendidos desde a súa aparición.Foi eloxiada unanimemente polo público e a crítica, da que recollemos estes comentarios:

"Unha fábula chea de tristura e silencio  para ler mil veces" (Le Figaro)
"Claudel asombra cun relato breve e ardente, con ascuas que non se apagan cando se pecha o libro" (Le Monde)
"El redescubrimiento del mundo contado con sencillez y emoción (...) una bella fábula que agradará a un amplio público" (José María Guelbenzu, Babelia)
 
Escribiu posteriormente O informe de Brodeck co que acadou o premio Goncourt des Lyceens 2007 e acaba de saír a luz a súa última novela, Aromas (Parfums),  unha coleción de textos breves,  momentos rescatados da súa memoria polo poder evocativo dos aromas que os acompañaron.
Philippe Claudel (Nancy, 1962) foi profesor en varios liceos e na Universidade de Nancy pero dedicou o seu tempo libre a ensinar a nenos descapacitados e a presos. Traballa, ademais, como guionista e director de cine.

jueves, 14 de febrero de 2013

Lendo a Saramago


Publicada en 1995, é a decima novela de Saramago e, xunto a Todos os nomes, editada dous anos despois, supuxo o salto de calidade definitivo que o levou a ser considerado merecedor do Premio Nobel de Literatura, outorgado pola academia sueca no ano 1998.
Nesta obra o autor desde planteamentos éticos advirte sobre "a responsabilidade de ter ollos cando outros os perderon". Escéptico pero solidario, Saramago reflexiona sobre se caberá a esperaza tras este cambio de milenio que a humanidade está a vivir.
Esta novela foi levada ao cine en 2008 baixo a dirección de Fernando Meirelles.


Podes escoitar a voz do propio Saramago nesta curtametraxe de animación, destinada a unha infancia que medra nun mundo quebrado polo individualismo, a deseperanza e a falta de ideais.



jueves, 24 de enero de 2013

Os dous de sempre

No club de lectura de terceiro de ESO imos leer esta obra de Castelao, un clásico das nosas letras.
Os dous de sempre cóntanos a historia de Rañolas e Pedriño, dous hombres convertidos en arquetipos do comportamento humano universal. É a única novela de Castelao, ainda que se asemella moito a fórmula narrativa de Cousas, onde escribe pequenos relatos acompañados dun debuxo ilustrativo que completa o texto.

No seguinte video podes ver e escoitar o escritor.


E nestoutro podes facer un pequeno percorrido polas súas pinturas.


miércoles, 16 de enero de 2013

O vixía no centeo

Esta novela, convertida nun clásico da literatura americana, provocou desde o momento da súa publicación en 1951 un espectacular impacto na sociedade norteamericana debido a súa linguaxe provocadora e por retratar abertamente a sexualidade  dos adolescentes. Trinta anos máis tarde pasou a ser lectura obrigatoria nos institutos estadounidenses. Nos anos 90  ocupou o posto nº 13 na lista de libros máis lidos no seu país e no ano 2005 mantívose entre os dez primeiros.  Foi traducida a numerosas linguas e vendeu máis de 65 millóns de copias.
Neste enlace atoparás máis infornación sobre a obra e o seu autor:
http://www.juntadeandalucia.es/cultura/opencms/export/download/bibhuelva/El-guardian-entre-el-centeno-Salinger.pdf

Tamén podedes ver o libro-trailer:


lunes, 14 de enero de 2013

Las bicicletas son para el verano


Con esta obra de teatro,  ambientada no verán madrileño de 1936, Fernando Fernán Gómez (1921-2007) conseguiu no ano 1977 o premio Lope de Vega outorgado polo Concello de Madrid. A obra estreouse con éxito de crítica e público no Teatro Español de Madrid o 24 de abril de 1982. Dous anos máis tarde estréase a  súa versión cinematográfica, dirixida por Jaime Chávarri con guión de Salvador Maldonado."Chávarri consigue transmitir la densa y sin embargo  casi imperceptible textura dramática que constituía la grandeza del espectáculo teatral: la pintura de cómo un acontecimiento histórico irrumpe entre los individuos de una comunidad, les altera y modifica sus vidas, ya nunca más iguales" escribiu Molina Foix en Fotogramas.