domingo, 17 de enero de 2016

28 días





O título desta novela de David Safier, que estamos a ler no club de lectura de 4ºde ESO, fai referencia aos 28 días que durou o levantamento organizado polos xudeos do gueto de  Varsovia, na súa maioría mozos entre trece e vintenove anos.

Mira, a protagonista, unirase ao movemento de loita Hashomer Hatzair, integrado no ZOB.

Tedes máis información sobre os feitos históricos tratados no libro no vídeo ao que vos leva este enlace:





Na novela alúdese ao "espiritu de Masada", unha fortaleza de Xudea (Israel ) que resistiu durante meses o asedio dos romanos:




Un personaxe entrañable da novela é o célebre médico e pedagogo Janusz Korczak, que dedicou a súa vida aos nenos, abandonando a súa carreira no sector privado para centrarse nos seus orfanatos. A súa vida foi levada ao cine en máis dunha ocasión, A película Korczak (1990) foi dirixida por Andrzej Wajda.

E, por último, deixamos o testemuño de Szymon Srebrnik, un xudeo polaco supervivinte do holocausto do campo de exterminio de Chelmno:







domingo, 3 de enero de 2016

Como agua para chocolate


En el Club de lectura de 3º de ESO hemos leído Como agua para chocolate , la obra más conocida de la escritora mejicana Laura Esquivel. Esta autora escribió programas infantiles para la televisión mejicana y guiones de cine.

En la novela arriba citada llama la atención el uso del realismo mágico, técnica nacida en la literatura hispanoamericana y que consiste en presentar la realidad de un modo desmesurado o hacer convivir lo natural y lo sobrenatural de manera armónica como si fuesen compatibles. Así, la protagonista, Tita, teje una manta sin fin para aliviar el frío perpetuo que le causa la frustración de su amor por Pedro. Tita, que había crecido en la cocina y que está destinada a cuidar a su madre y no casarse jamás, libera su mundo interior y da rienda suelta a su creatividad a través de los menús que elabora en su refugio particular

Es una historia de amor que supera las barreras del autoritarismo impuestas por una madre tirana. Esta oculta también en su interior el secreto de un amor prohibido e inconfesable.
Otras obras literarias han tenido como protagonista la cocina y, al igual que la novela de Laura Esquivel, han sido llevadas al cine. Este es el caso de El festín de Babette , relato de Isak Dinesen en el que la protagonista huye de Francia y se refugia como criada y cocinera en la casa de dos ancianas solteras cuyo padre, un estricto pastor, ha frustrado los planes de ser felices de sus hijas. Un día Babette gana un premio de la lotería y decide preparar una cena que hace las delicias de los asistentes.

La cocina es una forma de arte y en los últimos años se ha potenciado con programas televisivos que permiten mostrar las habilidades de  los concursantes en este ámbito.

Como agua para chocolate es también una forma de expresar los sentimientos que deben estar ocultos y que, muchas veces, son sensuales y voluptuosos. Sin duda alguna, Tita pone en sus platos lo que siente por Pedro y ello se contagia a los comensales.

La novela abre cada capítulo con una receta de cocina distinta que actúa como hilo conductor de la trama y esta nos lleva por un laberinto de pasiones que culmina en la apoteosis final.

lunes, 26 de octubre de 2015

Roteiro literario pola ría de Arousa



O martes, 20 de outubro, alumnos e profesores do club de lectura 2014-2015, fixemos un rota por terras arousás.


A primeira parada foi en Rianxo. Alí visitamos a casa-museo de Manuel Antonio, acompañados por unha guía que nos aportou moita información sobre o escritor e a súa relación con outros persoeiros da zona; a continuación, fixo connosco un percorrido por esta vila que proporcionou tantas figuras sobranceiras a nosa cultura.







Pola tarde, achegámonos a Vilanova de Arousa onde visitamos a casa- museo de Valle-Inclán.
Unha xornada de convivencia, na que nos acompañou un resplandecente sol outonal.








lunes, 13 de abril de 2015

A viaxe de Gagarin



Os lectores do club de 4º de ESO  atoparedes neste blog, creado polo propio autor,  boa parte da documentación que empregou no proceso da escrita do libro e  información adicional moi interesante, que aparece organizada nun índice de trinta entradas para que poidades consultar os enlaces que máis vos interesen.

jueves, 26 de febrero de 2015

Enrugas

Con este cómic, Paco Roca, acadou un sorprendente éxito de crítica e público. Ademais de recibir outros premios, gañou con esta obra o Premio Nacional de Cómic 2008.

"Me planteé hacer esta historia por mis padres. Quería hablar sobre la vejez de las personas. Este es un tema demasiado amplio así que me centré en las residencias de ancianos. Al tratar este tema era imposible no hacerlo también sobre el alzheimer. Emilio, el protagonista, está inspirado en el padre de mi buen amigo MacDiego", di o autor.
 No ano 2011 estreouse a adaptación cinematográfica de Arrugas, dirixida por Ignacio Ferreras e producida por Perro Verde Films. Paco Roca colaborou na redacción do guión e realizou o deseño dos personaxes. Nos premios Goya do ano 2012 recibiu dous galardóns, a mellor película de animación e ao mellor guión adaptado.


lunes, 26 de enero de 2015

As crónicas do sochantre



As crónicas do sochantre, a segunda novela en galego de Álvaro Cunqueiro, apareceu publicada na Editorial Galaxia en 1956. A versión castelá que lle fixo o seu amigo Francisco Fernández del Riego en 1959 mereceu o Premio da crítica. Como o propio Cunqueiro advirte no “Prólogo para bretones” da versión castelá, elaborou esa novela sen sequera viaxar a Bretaña: “y todo lo que aquí, en estas Crónicas se cuenta de ella, está tomando de mapas, de libros de viajes, de lecturas de Chateaubriand y de Le Goffic, de algunas historias de ciudades y de cartas ejecutorias de las nobles familias”. Cunqueiro non visitou Bretaña ata maio de 1964, cando foi contratar un grupo de cornamusas para as festas de agosto en Vigo e deixounos 4 espléndidos artigos desa viaxe literaria en Faro de Vigo.

A elección da Bretaña como espazo narrativo por Cunqueiro non foi allea ao celtismo profesado por tantos intelectuais galegos. Hai que poñela en relación, logo, con As cruces de pedra na Bretaña (1930) de Castelao,  varios contos de El pálido visitante (1960) de X-Mª Castroviejo ou  Bretaña, Esmeraldina (1987) de X. L. Méndez Ferrín no desenvolvemento dunha nova materia de Bretaña.

En As crónicas do sochantre, Cunqueiro mantén algúns dos trazos característicos do seu universo narrativo (humor, fantasía), aínda que non parta nesta ocasión dun xogo intertextual cun mito literario concreto, como en Merlín e familia, Si o vello Sinbad volvese ás illas, Un hombre que se parecía a Orestes, Las mocedades de Ulises… Rexeita a tradición da novela realista decimonónica e adopta procedementos estruturais da novela primitiva como a viaxe o simposio: “pois temos por costume pasar estas noites que andamos en hoste contando as nosas hisitorias.” A ambientación das aventuras do sochantre Charles Anne Guenolè Mathieu de Crozon en plena Revolución Francesa, “dende o ano mil setecentos noventa e tres a mil setecentos noventa e sete”, dálle pé ao autor a incorporar accións dos chouans contrarrevolucionarios, a guillotina… no tour por terras bretoas nunha carroza con seis defuntos. De regreso na súa casa de Pontivy, o sochantre parece asumir con humor a nova identidade republicana do personaxe que fixera de dobre del, pois “asubiaba a Camañola afeitándose”.


Deixámosvos este video realizado polo GRIAL (Grupo de Intervención Audiovisual e Literaria) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo:


Lectores de 4º de ESO

Con esta obra Marjane Satrapi recibiu o premio ao mellor Álbum no festival de Angoulême en 2005.
A acción transcorre en 1958 en pleno reinado do Sha de Persia pero con frecuentes saltos temporais tanto cara o pasado como ao futuro.

Para ter máis información sobre a historia de Irán deixamos estes enlaces:
https://www.youtube.com/watch?v=RgPFH2KR_NE
https://www.youtube.com/watch?v=y40-3LYr72s
https://www.youtube.com/watch?v=zlkJBUsxWrA (1ª Parte)
https://www.youtube.com/watch?v=maghAfrxuUQ (2ª Parte)
http://www.rtve.es/alacarta/videos/en-portada/portada-iran-juventud-escondidas/521051/


Pollo con ciruelas foi levada ao cine no ano 2011. Neste vídeo podedes ver a Marjane Satrapi falando da novela gráfica e da película: